Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 2015 Páx. 7773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se dá audiencia aos interesados con carácter previo ao inicio do procedemento regulado no artigo 63 da Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia.

Con carácter previo a ditar o acordo de inicio do procedemento de disolución da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol, a Dirección Xeral de Comercio, como órgano tutelante, acorda estender a consulta previa prevista no artigo 63.1 da Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia, modificada pola Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, dando audiencia a todos os posibles interesados para que poidan examinar o expediente e realizar as alegacións que xulguen oportunas, ao tratarse dunha corporación representativa dos intereses empresariais e para garantir, en todo caso, o respecto á vontade do empresariado.

Para estes efectos o expediente poderá ser consultado, no prazo dos 10 días seguintes a esta publicación:

– Na sede da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol (r/ María 158, 15401 Ferrol).

– Nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, bloque 5-3ª planta, 15781 San Caetano).

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2015

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio