Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 2015 Páx. 7757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 5 de febreiro de 2015, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra varios expedientes sancionadores en materia de transportes (expediente XC-00789-O-2013).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións sancionadoras recaídas nos expedientes que se citan no anexo, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Os interesados aboaron o importe das sancións impostas nas resolucións sancionadoras que foron anuladas polas resolucións dos recursos de alzada; polo tanto, procede a devolución das cantidades ingresadas. Para a tramitación da devolución, deberán remitir á Subdirección Xeral de Inspección do Transporte da Dirección Xeral de Mobilidade copia do DNI/CIF do interesado e certificación orixinal do director da oficina da entidade bancaria no cal figure o número de conta da titularidade do interesado onde desexa que se practique a devolución do indebidamente cobrado.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2015

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Resolución recurso

Importe que hai que devolver

XC-00789-O-2013

3778-GZN

Garda Civil 1504 I-54077-K

Cocedero Suárez, S.L.

B36010957

Cores, Deiro, s/n,

36620 Vilanova de Arousa (Pontevedra)

Estimado parcial

330,05 €