Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 2015 Páx. 7758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 5 de febreiro de 2015, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra varios expedientes sancionadores en materia de transportes (expediente DX-00066-I-2010 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións sancionadoras recaídas nos expedientes que se citan no anexo porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o dito importe dentro do prazo de quince (15) días hábiles, mediante ingreso en calquera oficina do BBVA, de Abanca ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais da Dirección Xeral de Mobilidade.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2015

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

anexo

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Resolución recurso

DX-00066-I-2010

0684-CJY

Axente de inspección DX-016

Ttes. Otero Villar, S.L.

B36722817

Camiño da Fonte, 24, s/n

36200 Vigo, Pontevedra

Exceso nos tempos máximos de condución ata un 20 % (exceso diario sobre 9 horas).

7.6.2010; 09.56.24

Artigo 142.3 LOTT

Artigo 199.3 ROTT

Artigo 143.1.c) LOTT

Artigo 201.1c) ROTT

400

Desestimado

LU-00013-O-2014

5111-FLT

Garda Civil 2702 U89694K

Andreu Golpe, Francisco Javier

32774812L

Avda. da Coruña, 436, 3º A

27003 Lugo

Transporte de mercadorías perigosas sen as instrucións escritas para caso de accidente, de conformidade co ADR.

27.11.2013; 09.30.00; A-6; 484,00

Artigo 141.5.1 LOTT

Artigo 143.1.f) LOTT

801

Desestimado

XC-00714-O-2014

2519-HBS

Garda Civil 1502 Q97183H

José Luis Camaras Areas

76819570F

Rúa Lisboa, 12, 2º C

15707 Santiago de Compostela, A Coruña

Diminución do descanso diario reducido en máis de 1 hora (sobre 9 horas). Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

21.10.2013; 17.04.00; AC-552; 89,500

Artigo 141.24.4 LOTT

Artigo 143.1.d) LOTT

Artigo 143.4.b) LOTT

401

Desestimado

XC-01913-O-2013

1709-FJW

Garda Civil 1501 S-50731-X

José Luis Camaras Areas

76819570F

Rúa Lisboa, 12, 2º C

15707 Santiago de Compostela, A Coruña

Atenuante - A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar.

23.3.2013; 10.15.00; N-550; 7,00

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.35 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra d) da LOTT

401

Desestimado