Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 2015 Páx. 7532

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (318/2013).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 318/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Ipsa Construcciones Navales, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou auto, cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

Auto:

A Coruña, 5 de decembro de 2014.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A letrada Eva María Vidal Rodríguez, en representación de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, solicita a rectificación da sentenza ditada no presente procedemento nº 318/2013, sobre a omisión na referida resolución da condena á mercantil Ipsa Construcciones Navales, S.L. a aboar a cantidade de 650,41€ en concepto de prestacións de IT (pagamento delegado) na súa calidade de responsable directa empresarial, tal como aparece reflectido nos feitos probados.

Acordo. Rectificar a sentenza ditada no presente procedemento no sentido de engadir que, así mesmo, se condena a codemandada Ipsa Construcciones Navales a aboar á demandante a cantidade de seiscentos euros con corenta e un céntimos en concepto de pagamento delegado. A responsabilidade subsidiaria non alcanza as entidades xestoras respecto da dita cantidade.

Contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Milagritos Evangelina Belso Sempere, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ipsa Construcciones Navales, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial