Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 2015 Páx. 7530

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (846/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 846/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Freire Arestín e Guillermo Sánchez Cons contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza: 60/2015

Nº autos: 846/2012

A Coruña, 2 de febreiro de 2015.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandantes Juan Carlos Freire Arestín e Guillermo Sánchez Cons, que comparecen asistidos do letrado Antonio Pousa Meréns, e doutra, como demandados, Esabe Vigilancia, S.A. e Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen malia estaren citadas en legal forma.

Resolución:

Que, estimando a demanda interposta por Juan Carlos Freire Arestín e Guillermo Sánchez Cons, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Esabe Vigilancia, S.A. a que lles aboe aos demandantes a cantidade de 2.329,59 e 1.700,07 € respectivamente, polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que no día de hoxe o maxistrado xuíz deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza, para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. Mesma data que a sentenza. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de febreiro de 2015

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial