Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 2015 Páx. 7528

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira

EDICTO (434/2013).

Inmaculada Pulido Domínguez, secretaria xudicial do Xulgado Mixto número 3 (VSM) de Ribeira e o seu partido, dá fe e certifica que nos autos de proceso de garda e custodia e alimentos, seguidos ante este xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 10/15

En Ribeira, 30 de xaneiro de 2015.

Vistos por min, María Cristina Fernández Fernández, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 dos desta localidade, os presentes autos de medidas definitivas de garda e custodia e alimentos 434/2013, seguidos ante este xulgado por instancia de Sara Haag García, representada pola procuradora Sra. Alcalde Riveiro e asistida pola letrada Sra. Sacido Pérez, contra Rafael Antonio Bonilla Astacio, como demandado e en situación de rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal,

Resolvo:

Que estimando a demanda de medidas definitivas de garda e custodia e alimentos presentada pola procuradora Sra. Alcalde Riveiro, actuando en nome e representación de Sara Haag García, fronte a Rafael Antonio Bonilla Astacio, as medidas reguladoras da garda e custodia e alimentos da menor, Saray Bonilla Haag, terán o seguinte contido:

– A patria potestade será compartida.

– A garda e custodia da menor será atribuída á nai.

– O non establecemento dun réxime de comunicación e estancia a favor do proxenitor non custodio.

– A fixación, a cargo do non custodio e a prol da menor dunha pensión de alimentos da contía de 100 € mensuais que se deberán ingresar na conta que designe a custodia dentro dos cinco primeiros días de cada mes. Esta pensión será actualizable conforme as variacións que experimente o IPC ao comezo de cada ano. Os gastos extraordinarios deberán ser satisfeitos nunha porcentaxe do 50 % por cada proxenitor.

Non se fai pronunciamento en canto ás custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación no prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a xuíza que a subscribe, en audiencia no día da súa data, do que dou fe».

O inserido coincide fielmente co seu orixinal, ao cal pola súa maior extensión me remito.

E para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación ao demandado Rafael Antonio Bonilla Astacio, actualmente en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Ribeira, 3 de febreiro de 2015