Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7013

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3386/2014-IS).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3386/2014-IS

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 181/2014 Xulgado do Social número 2 de Ourense

Recorrente: Fogasa

Recorridos: Adega do Emilio, S.L., Jessica Moreira Fernández

Avogados: (edicto), Pablo Guntiñas Fernández

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicacion 3386/2014 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra Adega do Emilio, S.L. e Jessica Moreira Fernández, sobre resolución de contrato, se ditouse a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial

M. Socorro Bazarra Varela

A Coruña, 23 de xaneiro de 2015

Os anteriores escritos subscritos polo avogado do Estado únanse ao recurso da súa razón xunto coas súas copias. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala, e deberase acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Conforme se solicita expídase copia testemuñada, con expresión da súa firmeza, das sentenzas solicitadas ditadas por esta sala (ST 612/2014, ST 4755/2014 e ST 4586/2013).

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 2 de Ourense que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asino. Dou fe.

A secretaria xudicial»

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Adega do Emilio, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial