Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Xoves, 19 de febreiro de 2015 Páx. 7015

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (839/2014).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 839/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Ramos Lema contra o Fondo de Garantía Salarial, Carmen Lamas Domínguez, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decisión:

Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Ana Ramos Lema fronte á empresa Carmen Lamas Domínguez e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con condena da empresa a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección de tal empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise a parte demandante ata a data da notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa citada, segundo a súa opción, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optarse por ela: 118,61 euros.

– En concepto de salarios de trámite para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 43,13 euros/día, e que ata a data da presente sentenza ascenden a 5.736,07 euros.

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 da LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, que se encontraba realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Carmen Lamas Domínguez, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2015

O secretario xudicial