Na sesión que tivo lugar o 12 de febreiro de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 6 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 36, do 21 de febreiro) para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 122, do 28 de xuño), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,
ACORDOU:
Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo con indicación do seu documento nacional de identidade.
De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, o aspirante disporá dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguiente ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.
De conformidade coa base IV.3, se teñen a condición de funcionarios/as de carreira da Administración da Xunta de Galicia estarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento e deberán presentar certificación do servizo de persoal da consellería ou organismo de que dependan para acreditar tal condición.
Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os/as aspirantes que figuran nela sexan propostos/as para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.
Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2015
María del Mar García Miraz
Presidenta do tribunal
Anexo
Núm. |
NIF |
Apelidos e nome |
1º ex. |
2º ex. |
3º ex. |
4º ex. |
Fase concurso |
Total |
1 |
33850340K |
Franco Abuín, María Emma |
10,80 |
11,10 |
13,20 |
Exento |
36,00 |
71,10 |