Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 2015 Páx. 6690

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (793/2013).

María Lago Rivero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, fago saber que no presente procedemento de xuízo ordinario nº 793/2013, seguido por instancia de BMW Bank GMBH Sucursal en España, representada polo procurador Andrés Gallego Martin-Esperanza, fronte a Espiga Salceda, S.L. e Emilio Nava Pelaz, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Vigo, 23 de abril de 2014.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade, co número 793/2013, promovidos por BMW Bank GMBH Sucursal en España, representada polo procurador Sr. Gallego Martín-Esperanza e asistida do letrado Sr. Rodríguez-Gigirey Pérez, contra Espiga Salceda, S.L. e Emilio Nava Pelaz, en situación procesual de rebeldía.

Resolución estimando integramente a demanda promovida pola representación de BMW Bank GMBH Sucursal en España contra Espiga Salceda, S.L. e Emilio Nava
Pelaz, debo condenar e condeno os demandados a aboar á demandante a cantidade
de 62.591,59 euros, máis xuros moratorios ao tipo pactado do 1,5 % mensual desde a data de peche da conta (9 de agosto de 2011), e ao pagamento das custas procesuais.

Notifíquese ás partes.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que se deberá interpor neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación, para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberase constituír ingresando a citada cantidade en Banesto, na conta deste expediente, indicando no campo “concepto” a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo Observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así o acordo, mando e asino».

E encontrándose os demandados, Espiga Salceda, S.L. e Emilio Nava Pelaz, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 8 de maio de 2014

A secretaria xudicial