Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 2015 Páx. 6702

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (229/2014).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 229/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Elena Gallardo Estévez contra Daparoan Hosteleros, S.L. sobre despedimento, se ditaron resolucións cuxa parte dispositiva dispón:

Dispoño despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante María Elena Gallardo Estévez fronte a Daparoan Hosteleros, S.L., parte executada.

Decido que se declara extinguida a relación laboral entre Mª Elena Gallardo Estévez e a empresa Daparoan Hosteleros, S.L. Acórdase o pagamento da seguinte indemnización e condena ás seguintes cantidades: 6.063,87 euros en concepto de indemnización e, en concepto de salarios de tramitación que se devenguen ata a data da presente resolución, a cantidade de 35,75 euros diarios, sen prexuízo dos descontos que procedan;

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a Daparoan Hosteleros, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, que ascende a 6.063,87 euros de indemnización e salarios de tramitación, 35,75 euros diarios desde o 28.2.2014 ata o 18.12.2014 (293 días), 10.474,75 euros, o que suma un total
de 16.538,62 euros de principal, máis 1.653,86 euros orzados para xuros, sen prexuízo de posterior liquidación, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesen, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a indagación de bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Daparoan Hosteleros, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial