Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Martes, 17 de febreiro de 2015 Páx. 6704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica o acordo de modificación da proposta de resolución dos expedientes ANP-OU-0017/2014 e ANP-CO-0063/2014-V.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servicio de Correos, notifícaselles aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio, o acordo do respectivo procedemento.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido dos interesados en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra o acordo dos expedientes de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer as alegacións que consideren convenientes ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo de quince días, conforme o disposto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2015

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente: ANP-OU-0017/2014-V.

Interesado: Feliciano Álvarez Antón.

Acto de notificación: acordo de modificación da proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: Curros, 21, Santa María Mayor, 27740 Mondoñedo, Lugo.

Expediente: ANP-CO-0063/2014-V.

Interesado: Francisco Cabarcos Güeto.

Acto de notificación: acordo de modificación da proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: Rafael Bárez, 9-2º esquerda, 15009 A Coruña.