Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2015 Páx. 6590

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (150/2014).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, por el presente

Anuncio.

Neste procedemento, seguido por instancia de Fundación de Estudios y Análisis Fesan fronte a Químicos del Ulla, S.L., ditouse sentenza, cuxo extracto é do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Padrón, 3 de xullo de 2014.

Vistos por Berta Vidal Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, os presentes autos de xuízo verbal nº 150/2014, seguidos ante este xulgado, en que son partes, como demandante, Fundación de Estudios y Análisis, S.L., representada pola procuradora Sra. Goimil Martínez e asistida da letrada Sra. Trigo Oubiña e, como demandada, a entidade Químicos del Ulla, S.L, en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade por cobramento do indebido.

Resolución.

Estímase integramente a demanda formulada pola procuradora Sra. Goimil Martínez, en representación de Fundación de Estudios y Análisis, S.L., contra a entidade Químicos del Ulla, S.L., en situación procesual de rebeldía, condenando á entidade demandada a pagar á demandante 2.449,35 euros en concepto de principal e xuros devindicados ata a data de interposición da demanda (30.4.2014), máis os xuros previstos no artigo 1.896 do Código civil desde esa data ata a desta sentenza. A partir desta data devindicaranse os xuros previstos no artigo 576 da Lei de axuizamento civil ata o completo pagamento, e con imposición das custas deste procedemento á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que, de acordo coa reforma introducida no artigo 455 da Lei de axuizamento civil pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, ao non superar a contía do procedemento os 3.000 euros, non cabe interpoñer contra ela recurso de apelación.

Expídase testemuño desta sentenza para a súa unión aos autos e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Químicos del Ulla, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Padrón, 9 de decembro de 2014

Eduardo José Castaño Barreiro
Secretario xudicial