Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2015 Páx. 6592

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (513/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 513/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Requeijo Tojo contra Excavaciones Migasa, S.L., Santiago Sur Galicia, S.L., Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución:

Decreto de conciliación do 26 de xaneiro de 2015.

Parte dispositiva.

Acordo:

Apróbase a conciliación alcanzada entre as partes, nos termos expresados no antecedente de feito segundo desta resolución.

Considerar que a parte demandante desiste da demanda presentada fronte a Excavaciones Migasa, S.L.

Arquívense as actuacións.

Notifíquese a presente resolución, facendo saber ás partes que a acción para impugnar a validez da conciliación se exercerá ante este mesmo órgano, polos trámites e cos recursos establecidos na LXS. A acción caducará aos trinta días da data da súa celebración. Para os terceiros prexudicados, o prazo contará desde que puidesen coñecer o acordo. As partes poderán exercer a acción de nulidade polas causas que invalidan os contratos e a impugnación polos posibles terceiros prexudicados poderá fundamentarse en ilegalidade ou lesividade.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones Migasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial