Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2015 Páx. 6431

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2015 pola que se dá publicidade á subvención concedida ao abeiro da Resolución do 25 de abril de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a extensión de redes de acceso da banda larga no rural galego, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o período 2011-2013 (procedemento administrativo PR880C, Diario Oficial de Galicia número 93, do 13 de maio), por alcanzar firmeza a súa resolución de concesión.

O 13 de maio de 2011 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 25 de abril de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a extensión de redes de acceso da banda larga no rural galego, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o período 2011-2013 (procedemento administrativo PR880C).

Ao abeiro da dita convocatoria, con data do 15 de setembro de 2011, o Consello da Xunta de Galicia, acordou autorizar a concesión dunha subvención á entidade Telefónica de España, S.A.U. (Telefónica Móviles, S.A., Telefónica de España, S.A.U., como futura UTE) con NIF A82018474, por importe de 15.290.000 €.

O 21 de setembro de 2011, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, ditou resolución de concesión nos termos autorizados polo Consello da Xunta de Galicia. A dita resolución foi notificada a todos os solicitantes e ao beneficiario, quen constituíu a entidade UTE CXXXIX Telefónica de España, S.A.U.-Telefónica Móviles España, S.A.U., con NIF U86299898, beneficiaria da subvención.

Dentro do prazo de dos meses desde a notificación da resolución, un dos interesados no procedemento presentou recurso contencioso-administrativo, na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. De acordo co dito recurso o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia instruíu o procedemento ordinario 0007840/2011.

De conformidade coa disposición adicional primeira, punto dous, do Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, esta axencia asume as competencias e medios materiais que na actualidade lle corresponden á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, que quedará suprimida no momento da constitución efectiva da Amtega.

O 26 de novembro de 2014, a Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ditou resolución pola que se acorda ter por desistido o recorrente no procedemento ordinario 0007840/2011 declarando a súa terminación. A dita resolución notificouse á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia o 20 de xaneiro de 2015.

Segundo o establecido no artigo 30 alínea b) das bases reguladoras recollidas na Resolución do 25 de abril de 2011, de conformidade co previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas.

Faise indicación que segundo o establecido no artigo 4 da Resolución do 25 de abril de 2011, as actuacións están cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do plan operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, Desenvolvemento da economía do coñecemento (I+D+i, sociedade da información e TIC), tema prioritario 10 Infraestruturas telefónicas, actuación 1.10.4. Infraestruturas de telecomunicacións.

En consecuencia, resolvo que se proceda á publicación da subvención concedida o 21 de setembro de 2011, por alcanzar firmeza a súa resolución de concesión, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Resolución do 25 de abril de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a extensión de redes de acceso de banda larga no rural galego, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o período 2011-2013 (procedemento administrativo PR880C, DOG núm. 93, do 13 de maio de 2011).

b) Programa: 571A - Fomento da sociedade da información e do coñecemento.

c) Crédito orzamentario: 04.70.571A.775.0.- Desenvolvemento das tecnoloxías da información e das telecomunicacións.

d) Beneficiaria: UTE CXXXIX Telefónica de España, S.A.U. - Telefónica Móviles España, S.A.U., con NIF U86299898.

e) Cantidades concedidas:

– Ano 2011: 2.285.000 €.

– Ano 2011: 5.105.000 €.

– Ano 2012: 7.900.000 €.

f) Finalidade da axuda: extensión de redes de acceso de banda larga no rural galego.