Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2015 Páx. 6434

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2015 pola que se da publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia, nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2014, e que se incorporan como anexo I a esta resolución.

Segundo. Darlle publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do 2014 pola Axencia Turismo de Galicia e que se incorporan como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO I

Convenio

Importe achegado pola Axencia (euros)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Club de Antigos Alumnos do CSHG

15.000 €

28.10.2014

Convenio de colaboración para o desenvolvemento e a promoción turística do produto Estacións Náuticas para o ano 2014

20.000 €

16.9.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello da Pobra do Caramiñal para a execución do proxecto de acondicionamento da iluminación da rúa da Paz e a estrada Gasset

59.780,50 €

12.9.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Parada de Sil para a execución do proxecto de recuperación da Casa de Chocolate de Teimende, para convertela no Museo do Chocolate

11.000 €

12.9.2014

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, e a Mancomunidade Terras de Pontevedra dos concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cotobade e Campo Lameiro para a realización de actividades de promoción do turismo na comarca de Pontevedra, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, T.P. 5.57.5

90.000 €

15.9.2014

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través Axencia Turismo de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense, a través do Inorde, para a realización de actividades de dinamización turística na provincia de Ourense, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, T.P. 5.57.4

100.000 €

12.9.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello da Rúa para a realización do Plan director do xeodestino Manzaneda-Trevinca

14.400 €

28.10.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Arcebispado de Santiago de Compostela para a apertura de igrexas no Camiño

35.000 €

5.9.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para a implementación de liñas de actuación do Plan integral de turismo de Galicia

20.000 €

15.9.2014

Convenio de colaboración plurianual entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para a promoción e comercialización de Galicia como destino turístico, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, T.P. 5.57.4.

700.000 €

8.9.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares para a realización de varios concertos de música popular

36.091,84 €

18.9.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a entidade California Eventos, S.L. para a celebración do festival O Marisquiño XIV

12.000 €

9.9.2014

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, e a Deputación Provincial da Coruña, para a realización de actividades de valorización de recursos turísticos na provincia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, T.P. 5.57.1.

100.000 €

29.10.2014

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, e a Deputación Provincial de Lugo para a realización de actividades de valorización dos recursos culturais e turísticos na provincia de Lugo, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, T.P. 5.57.1

100.000 €

17.9.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e Cursos Internacionais da USC, S.L. para a realización de cursos internacionais no estranxeiro coa temática do Camiño de Santiago

20.000 €

29.9.2014

Convenio de colaboración plurinanual entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento da cátedra institucional de Hidroloxía Médica da USC

60.000 €

6.10.2014

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, e a Deputación Provincial de Pontevedra para a realización de actividades de valorización dos recursos turísticos na provincia de Pontevedra, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, T.P. 5.57.5

100.000 €

27.10.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Bispado de Lugo para a apertura de igrexas no Camiño

35.000 €

5.9.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Allariz para a contratación de persoal na Oficina Municipal de Información Turística

7.148,04 €

12.9.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello da Pobra de Trives para a contratación de persoal na Oficina Municipal de Información Turística

6.781,08 €

6.10.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Nogueira de Ramuín para a contratación de persoal na Oficina Municipal de Información Turística

8.000 €

12.9.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Mondariz, Balneario para a contratación de persoal na Oficina Municipal de Información Turística

6.302,32 €

12.9.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Celanova para a contratación de persoal na Oficina Municipal de Información Turística

6.779,76 €

12.9.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Pontedeume para a contratación de persoal na Oficina Municipal de Información Turística

3.940,95 €

12.9.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Leiro para a contratación de persoal na Oficina Municipal de Información Turística

4.917,84 €

12.09.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o organismo autónomo municipal de Sanxenxo Terra de Sanxenxo, para a contratación de persoal na Oficina Municipal de Información Turística

6.815,68 €

22.9.2014

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a contratación de persoal na Oficina Municipal de Información Turística

4.728,32 €

12.9.2014

Convenio de colaboración entre o Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia e a Sociedad Estatal de Acción Cultural, S.A. na exposición universal Expo Milano 2015

Sen achega económica

19.11.2014

Protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, e a Fundación Carretas para a posta en marcha do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino en Santiago de Compostela

Sen achega económica

22.9.2014

ANEXO II

Convenio

Importe achegado pola Axencia (euros)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas académicas externas curriculares dos estudantes do Mestrado en planificación e xestión de destinos e novos produtos turísticos, na Área de Estudos e nas oficinas de turismo da Axencia Turismo de Galicia

Sen achega económica

9.6.2014