Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2015 Páx. 6512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica a resolución ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, da entidade Disket Informática, S.L. Vigo (número de censo 36H00860), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Disket Informática, S.L. Vigo a Resolución do 16 de decembro de 2014, da directora xeral de Emprego e Formación, ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario.

«Número de censo: 36H00860.

Disket Informática, S.L. Vigo.

Rúa Escultor Gregorio Fernández, núm. 14, baixo B.

36204 Vigo.

Pontevedra.

Logo de examinar a inscrición/acreditación da entidade Disket Informática, S.L. Vigo, B36641686, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar

Supostos de feito:

Primeiro. A entidade Disket Informática, S.L. Vigo encóntrase inscrita no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, co número 36H00860, nas especialidades formativas seguintes:

Código especialidade

Descrición

Alta homologación

ARGD01

Programas de retoque dixital e escaneamento de imaxes

24.11.1999

IFCI10

Programador de aplicacións informáticas

24.11.1999

IFCI17

Técnico en software ofimático

12.12.2005

IFCI3004

Programador de aplicacións orientadas a obxectos

12.12.2005

IFCI4004

Programador de base de datos relacionais

12.12.2005

IFCI50

Administrador de sistemas operativos de redes locais

16.7.2001

Segundo. Por parte da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo, o 27 de outubro de 2014 requiriuse a entidade Disket Informática, S.L. Vigo, para os efectos de comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente para manter a condición de centro/entidade inscrito ou acreditado no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, a documentación prevista nos artigos 5 e 6 do Decreto 106/2011, informándoa de que, en caso de non achegar a documentación requirida, se proporá a súa baixa no antedito rexistro.

Terceiro. O 28 de outubro de 2014 devolveuse a notificación do requirimento por resultar descoñecido o centro no enderezo da rúa Escultor Gregorio Fernández, núm. 14, baixo B, 36204 Vigo, Pontevedra.

Cuarto. O 26 de novembro de 2014, persoal técnico da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo visitou o centro Disket Informática, S.L. Vigo e comprobou que non existe o devandito centro na rúa Escultor Gregorio Fernández, núm. 14, baixo B, 36204 Vigo, Pontevedra.

Quinto. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, o 27 de novembro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo propón a baixa no Rexistro de Centros, Entidades de Formación da Disket Informática, S.L. Vigo, B36641686, con núm. de censo 36H00860, na rúa Escultor Gregorio Fernández, núm. 14, baixo B, 36204 Vigo, Pontevedra, coas especialidades correspondentes, por non existir o dito centro no enderezo sinalado.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A competencia para resolver o presente expediente correspóndelle á directora xeral de Emprego e Formación, de conformidade co establecido no artigo 6.3 e artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio.

Segundo. O artigo 8.1.a) do Decreto 106/2011, do 19 de maio, dispón que se poderá acordar a baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación en caso de incumprimento de calquera das obrigas previstas no artigo 7 deste decreto.

Terceiro. O artigo 7.1.a) do Decreto 106/2011, do 19 de maio, dispón que os centros e entidades de formación teñen a obriga de manter as instalacións e a estrutura de medios sobre a base das cales se produciu a súa inscrición, e adaptalas aos requisitos mínimos que en cada momento se exixan para cada especialidade acreditada ou inscrita.

Revisado o expediente compróbase que Disket Informática, S.L. Vigo, non mantén as instalacións e a estrutura de medios, sobre a base das cales se produciu a súa inscrición, na rúa Escultor Gregorio Fernández, núm. 14, baixo B, 36204 Vigo, Pontevedra.

Cuarto. Tendo en conta que na tramitación do expediente se observaron as normas que para o efecto se establecen no Decreto 106/2011, do 19 de maio, e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Logo de ver o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, modificada pola Orde ESS/1726/2012, do 2 de agosto, pola que se desenvolve o antedito real decreto, o Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e demais normativa de xeral aplicación.

RESOLVO:

Dar de baixa á entidade Disket Informática, S.L. Vigo, número de censo 36H00860, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Notifíquese aos interesados a presente resolución para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Traballo e Benestar no termo dun mes contado desde a súa notificación de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro)».

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación