Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2015 Páx. 6510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo correspondente ao expediente de contratación PA64/2014.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a xestión do programa MENTOR de inserción socio-laboral de mozos e mozas en risco social.

c) Tipo de fondo: cofinanciado polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e documentalmente simplificada e aberto.

4. Orzamento base de licitación: 1.590.840,00 € máis 159.084,00 € correspondentes ao 10 % do IVE; total: 1.749.924,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data: 1 de decembro de 2014.

b) Contratista: Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector-IGAXES3.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe: ano 2014: 83.697,11 €; ano 2015: 1.321.533,30 €. Exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

e) Formalización: 23 de decembro de 2014.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2015

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar