Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 6 de febreiro de 2015 Páx. 5594

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (199/2014).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 199/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Camiña Rubianes contra a empresa Portaboa, S.L., sobre ordinario, se ditou o despacho da execución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Despachar orde xeral de execución do decreto do 31 de outubro de 2013 a favor da parte executante, Francisco Camiña Rubianes, fronte a Portaboa, S.L., parte executada, por importe de 2.589,96 euros de principal, máis outros 258 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a Portaboa, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que pesen sobre eles, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

Procédase á indagación patrimonial da entidade executada a través do punto neutro xudicial.

E para que sirva de notificación a Portaboa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial