Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 6 de febreiro de 2015 Páx. 5595

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (883/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 883/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Falque Tapia contra Pescados Juan Fernández, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza

En Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2015.

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 883/2014, seguidos por instancia de Ana María Falque Tapia, representada polo letrado Sr. Blanco Pérez, contra Pescados Juan Fernández, S.L., que non compareceu no xuízo oral, e contra o Fogasa, sobre despedimento obxectivo individual.

(…)

Resolución

1º. Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de Ana María Falque Tapia, representada polo letrado Sr. Blanco Pérez, contra Pescados Juan Fernández, S.L., que non compareceu ao xuízo oral, e contra o Fogasa, sobre despedimento obxectivo individual e, en consecuencia, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada, e a extinción da relación laboral na data da sentenza, con condena da demandada ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución (ao non ser posible a readmisión por ter cesado a actividade da empresa).

2º. A indemnización, segundo o disposto no número anterior, sería de 25.983,90 euros.

3º. Condeno a empresa demandada a que lle aboe á traballadora os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral no día de hoxe, a razón de 48,32 euros diarios, o que suma a cantidade de 5.605,12 euros.

4º. Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Juan Fernández, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial