Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 5 de febreiro de 2015 Páx. 5355

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (734/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 734/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Felipe Allo Pazos contra a empresa Industrias Gelucho Romar, S.A., Hijos GR Carpintería 2001, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Resolvo

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Felipe Allo Pazos debo condenar e condeno as empresas Industrias Gelucho Romar, S.A. e Hijos GR Carpintería 2001, S.L. a que aboen solidariamente ao demandante a cantidade de 1.281,15 euros polos conceptos reclamados na demanda, máis o 10 % do xuro por mora.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Industrias Gelucho Romar, S.A. e Hijos GR Carpintería 2001, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial