Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 5 de febreiro de 2015 Páx. 5356

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (843/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 843/2014 por instancia de Jorge Ignacio Díaz Villalba contra Alfa Instant, S.A. sobre despedimento, nos cales recaeu sentenza con data do 11.11.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Jorge Ignacio Díaz Villalba fronte a Alfa Instant, S.A. e, en consecuencia:

– Declárase extinguida, con data desta resolución, a relación laboral que une o demandante coa empresa Alfa Instant, S.A.

– Condénase a empresa Alfa Instant, S.A. a aboar ao demandante as seguintes cantidades:

• Once mil trece euros con cincuenta e seis céntimos de euro (11.013,56 euros) en concepto de indemnización.

• Cinco mil novecentos cincuenta e oito euros con cincuenta e catro euros (5.958,54 euros) en concepto de salarios pendentes de pagamento.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente no goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Alfa Instant, S.A. expido e asino esta notificación.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial