Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Xoves, 5 de febreiro de 2015 Páx. 5354

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (31/2014).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza. Xuíz que a dita: maxistrado Lomo del Olmo. Lugar: Vigo. Data: 17 de novembro de 2014. Demandante: Banco Popular Español, S.A. Avogado: Ignacio Jesús Rodríguez Ramos. Procurador: José Vicente Gil Tránchez. Demandados: Pablo Pachter Czyzyk, Irma Victoria Louzán Sambad. Procuradora: Paula Lima Casas. Procedemento: ordinario 31/2014-n (ETO-Resto).

Resolvo que, estimando a demanda promovida polo procurador José Vicente Gil Tránchez, en nome e representación da entidade Banco Popular Español, S.A. contra Irma Victoria Louzán Sambad e Pablo Patcher Czyzyk, debo condenar e condeno estes a lle aboar a cantidade de 8.051,43 euros máis os xuros legais correspondentes desde a data da presente resolución, con imposición das custas causadas. Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Pablo Patcher Czyzyk, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 19 de decembro de 2014

O/A secretario/a xudicial