Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2015 Páx. 5046

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (742/2014).

Eu, Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 742/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvia López Calvelo contra Edrogal, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Resolvo:

1º. Estimar a demanda sobre despedimento formulada por Silvia López Calvelo contra a empresa Edrogal, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con opción pola extinción da relación laboral. Todo isto con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización de 19.132,36 euros.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.5, último parágrafo, e 6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisción social (LRXS) e o artigo 33 do Estatuto dos traballadores (ET).

Notifíquese esta resolución. Contra esta resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 da LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, celebrando audiencia pública no día da data. Do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Edrogal, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2015

O secretario xudicial