Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2015 Páx. 5044

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (327/2013).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 327/2013-MJC-

Xulgado de orixe/autos: demanda 320/2012. Xulgado do Social número 1 da Coruña

Recorrente: José Fontenla Muíño

Avogado: José Miguel Orantes Canales

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Instalaciones Eduardo Fuentes, S.L.

Avogados: Servizo Xurídico da Seguridade Social (Provincial), María Julia Garea Cao

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 327/2013 desta sección, seguido por instancia de José Fontenla Muíño contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e Instalaciones Eduardo Fuentes, S.L. sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

Desestimar o recurso de suplicación formulado pola representación do demandante José Fontenla Muíño contra a sentenza do Xulgado do Social número un da Coruña nos autos sobre SS número 320/2012 debendo confirmarse esta en todos os seus termos e sen imposición de custas.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do seu ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Instalaciones Eduardo Fuentes, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial