Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2015 Páx. 4899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Pastoriza (expediente IN407A 2014/41-2, 8177 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Granxa San Lorenzo, S.C.

Domicilio Social: A Mouxueira, s/n, Riotorto, Lugo.

Denominación: LMTS e CT para fábrica de alimentos de orixe natural para animais.

Situación: concello da Pastoriza.

Características técnicas:

• Liña de media tensión soterrada a 20 kV consistente en anelar na LMTS existente no polígono da Pastoriza o CS e o CT proxectado, cunha lonxitude de 270 metros en condutor tipo RHZ1-150 mm.

• Centro de seccionamento no límite da parcela en edificio prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección con relé.

• Centro de transformación en edificio prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida, relación de transformación 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 23 de decembro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo