Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2015 Páx. 4901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Muros (expediente IN407A 2014/142-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT e RBT Cabanas.

Situación: Muros.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,524 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS MUO-806 (exp.: 309/2011) que alimenta ao CS Tal de Abaixo-Seixal (exp.: 309/2011), en condutor RHZ1-20L-12/20 kV 3(1×240) Al, e final no CT Cabanas proxectado.

Saídas rede de baixa tensión soterrada, con orixe no CT Cabanas (proxectado), cunha lonxitude de 0,101 km, en condutor XZ1.

Liña de baixa tensión aérea de CT Cabanas, con orixe nos apoios nº 1 e nº 25 proxectados, cunha lonxitude de 1,683 km, en condutor RZ e apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña