Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Martes, 3 de febreiro de 2015 Páx. 4903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2014/50-2, 8186 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: recuamento Pena.

Situación: concello de Carballedo.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea PRS809-Poboado a 20 kV, con orixe na LMTA PRS806-Luíntra e final no apoio 1 da LMTA PRS809-Poboado, cunha lonxitude de 11 metros en condutor tipo LA-110.

2. Liña de media tensión soterrada PRS805-Herbedeiro 5 a 20 kV, con orixe no edificio proxectado e final no apoio 1 da LMT PRS805-Herbedeiro 5, cunha lonxitude de 195 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

3. Liña de media tensión soterrada PRS804-Tamallancos CH Barbantiños a 20 kV, con orixe no edificio proxectado e final no apoio 1 da LMT PRS804, cunha lonxitude de 190 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

4. Liña de media tensión soterrada PRS806-Luíntra 6 a 20 kV, con orixe no edificio proxectado e final no apoio 1 da LMT PRS806, cunha lonxitude de 195 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 13 de xaneiro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo