Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4214

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Na sesión que tivo lugar o día 18 de decembro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de abril de 2014 (DOG número 79, do 25 de abril) designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as cualificacións obtidas no cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Atención á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Segundo. Que de acordo co establecido na base II.1.1.4 da orde da convocatoria, a aspirante Claudia Martínez Serván con DNI 80081206J que non acreditou en prazo posuír o Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG número 146, do 30 de xullo), foi valorada como apta.

Terceiro. Que de acordo co disposto na base II.2.7 da orde da convocatoria, a aspirante poderá presentar as alegacións que considere oportunas en relación coa cualificación no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento común.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2014

Víctor Martínez Lago
Presidente do tribunal