Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4215

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2015 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista en Informática, especialidade Administración de Sistemas, grupo III, en virtude de probas selectivas, convocadas por Resolución do 31 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia do 14 de agosto).

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas por Resolución reitoral do 31 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia do 14 de agosto) para cubrir quince prazas da categoría profesional técnico/a especialista en Informática, especialidade Administración de Sistemas, grupo III, e comprobado que as persoas aspirantes reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, o reitor, de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

resolve:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional técnico/a especialista en Informática, especialidade Administración de Sistemas, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo polas quendas de promoción interna e de acceso libre e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán os seus contratos no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (rúa Nova nº 6, Santiago de Compostela) no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2015

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Categoría laboral: técnico/a especialista en Informática, especialidade Administración de Sistemas

Quenda de promoción interna:

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

76619943C

Moure Ramos, José Antonio

2

33298336V

Val Barbeira, Ignacio

3

78787343S

Raviña Furelos, Juan Carlos

4

33314411S

Ozores González, Concepción

5

33286128

Villar Couto, David Tovías

Quenda de acceso libre:

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

44807634T

Calvo Roo, Primitivo

2

33316108X

Cabado Lourés, María dos Anxos

3

44834129E

Espasandín Castro, Jaime

4

33255565A

Lata Blanco, Néstor

5

32844790P

Fraga Ares, Marcos

6

33271010S

Costa Lema, Antonio Francisco

7

44838175C

Osorio Peláez, César

8

71501639

Cascallana Osorio, Ramiro

9

44825971Y

Varela Martínez, Manuel Ángel

10

76869109G

Villar Andújar, Roberto