O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia número 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no terceiro cuadrimestre do ano 2014 e que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2015
Manuel Borobio Sanchiz
Director do Instituto de Estudos do Territorio
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio
no terceiro cuadrimestre do ano 2014
Convenio |
Achega económica do IET |
Data da sinatura |
Convenio marco de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio e a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, no ámbito de uso de e-Infraestruturas |
Sen achega económica |
1.9.2014 |
Acordo de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio e a Consellería do Medio Rural e do Mar, Xunta de Galicia, para as análises, diagnósticos e investigación da xestión do territorio |
Sen achega económica |
11.9.2014 |
Convenio de colaboración entre a Administración xeral do Estado, a través do Ministerio de Fomento e a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Instituto de Estudos do Territorio para o desenvolvemento do Sistema de información urbana |
Sen achega económica |
23.9.2014 |
Convenio específico entre a Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional e a Comunidade Autónoma de Galicia para a realización do inventario de usos do solo en zonas e áreas de promoción industrial para a Comunidade Autónoma de Galicia |
11.832 € |
10.12.2014 |
Acordo de cooperación entre o Instituto de Estudos do Territorio e o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) para a cesión da distribución de datos e cartografía do Sixpac e a distribución da ortofoto Sixpac do ano 2003 |
Sen achega económica |
17.12.2014 |