Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 2 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2014280TA-PO por infracción en materia sanitaria.

Con data do 28 de novembro de 2014, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2014280TA-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Fernando José Falcón Aragunde, con NIF 35478364J, como titular do establecemento Pub A Favela.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Fernando José Falcón Aragunde o contido da referida proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; rúa Fernández Ladreda, número 43-1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 2 de xaneiro de 2015

P.A. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo; DOG número 53)
Rosa Agrasar Muíños
Xefa do Servizo de Xestión

ANEXO

Número do expediente: 2014280TA-PO.

Denunciado: Fernando José Falcón Aragunde, con NIF 35478364J, como titular do establecemento Pub A Favela.

Último enderezo coñecido: A Modia, número 124, Vilariño, 36633 Cambados (Pontevedra).

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigo 4. «A venda e a subministración a través de máquinas expendedoras realizarase de acordo coas seguintes condicións:

b) Localización: as máquinas expendedoras de produtos do tabaco só se poderán situar..., así como naqueles locais a que se refiren as letras... e u) do artigo 7 (esto é, bares, restaurantes, e demais establecementos de restauración pechados), nunha localización que permita a vixilancia directa e permanente do seu uso por parte do titular do local ou dos seus traballadores. (....)

Non se poderán situar nas áreas anexas ou de acceso previo aos locais, como son as zonas de cortaventos, pórticos, corredores de centros comerciais, vestíbulos, distribuidores, escaleiras, soportais ou lugares similares que poidan ser parte dun inmoble pero non constitúen propiamente o interior deste.

c) Advertencia sanitaria: na superficie frontal das máquinas figurará, de forma clara e visible, en castelán e nas linguas cooficiais das comunidades autónomas, unha advertencia sanitaria sobre os prexuízos para a saúde derivados do uso do tabaco, especialmente para os menores».

Tipificación: dúas infraccións administrativas, unha tipificada como leve no artigo 19.2.c) e outra como grave no artigo 19.3.g) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: seiscentos setenta e seis euros (676 €).