Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Mércores, 28 de xaneiro de 2015 Páx. 4243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 9 de xaneiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica resolución de confirmación da inmobilización provisional expediente 65.1/14 e acumulación deste expediente sancionador 2014383AL-CO, por infraccións sanitarias.

Coa data do 19 de decembro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade dita resolución en que se confirma a medida de inmobilización provisional, expediente 65.1/14 así como acordo de acumulación deste expediente sancionador 2014383AL-CO incoado a Cunchas da Ría, S.L., no expediente sancionador 2014373AL-CO.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Cunchas da Ría, S.L. o contido da dita resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, lembráselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2015

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2014383AL-CO.

Interesada: Cunchas da Ría, S.L.

DNI/NIF/CIF: B70301684.

Último enderezo coñecido: lugar Porto de Rianxo, 37,15920 Rianxo.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Contido da resolución: confirmación da medida de inmobilización provisional expediente 65.1./14 ditada na data 12.12.2014, así como acordo de acumulación do expediente sancionador 2014383AL-CO no expediente sancionador 2014373AL-CO.