Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 2015 Páx. 4072

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (728/2013).

María de los Ángeles López Carballo, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 728/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Freire del Valle contra Ahorro Energía Lucense, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Estimo integramente a demanda presentada por Sandra Freire del Valle, asistida polo letrado Sr. Tejeda Lorenzo, contra Ahorro Energía Lucense, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 2.205,23 euros, máis os xuros moratorios especificados no fundamento de dereito quinto.

Impoño á demandada as custas procesuais causadas (incluídos os honorarios do letrado da parte demandante ata o límite de 600 euros), non procedendo sancionalo por temeridade manifesta con multa de 200 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é susceptible de recurso de suplicación, ao non exceder 3.000 euros a contía litixiosa calculada conforme o disposto no artigo 192 da Lei reguladora da xurisdición social (artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social).

E para que sirva de notificación en forma a Ahorro Energía Lucense, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 8 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial