Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 2015 Páx. 4073

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (916/2013).

María de los Ángeles López Carballo, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 916/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miriam Vázquez González contra Ahorro Energía Lucense, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Estimo integramente a demanda presentada por Miriam Vázquez González, representada polo letrado Sr. Pérez Domínguez, contra Ahorro Energía Lucense, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 3.563,20 euros, cantidade que devindicará os xuros especificados no fundamento de dereito quinto desta resolución.

Impoño á mercantil demandada as custas procesuais causadas (incluídos os honorarios do letrado da parte demandante ata o límite de 600 euros).

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

E para que sirva de notificación en forma a Ahorro Energía Lucense, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 8 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial