Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 2015 Páx. 4070

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (989/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 989/2014 por instancia de Manuel Morandeira Naya contra Alfa Instant, S.A., sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 9 de decembro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase a demanda formulada por Manuel Morandeira Naya fronte a Alfa Instant, S.A. e, en consecuencia:

– Declárase extinguida, con data do 13 de outubro de 2014, a relación laboral que une o demandante coa empresa Alfa Instant, S.A.

– Condénase a empresa Alfa Instant, S.A. a aboar ao demandante as seguintes cantidades:

• Vinte e seis mil cento noventa e seis euros con trinta e catro céntimos de euro (26.196,34 euros) en concepto de indemnización.

• Dez mil oitocentos dezasete euros con sesenta e nove céntimos de euro (10.817,69 euros) en concepto de salarios pendentes de pagamento, devindicando o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou graduado social colexiado, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Alfa Instant, S.A. expido e asino a presente.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial