Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Martes, 27 de xaneiro de 2015 Páx. 4069

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (534/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 534/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rafael Brañas Rodríguez contra a empresa Pavimentos, Útiles y Resinas, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Decido que, estimando parcialmente a demanda interposta por Rafael Brañas Rodríguez contra a empresa demandada Pavimentos, Útiles y Resinas, S.L., debo condenar e condeno a devandita demandada a aboar ao demandante a cantidade de mil seiscentos cincuenta e tres euros con oitenta e seis céntimos, así como o xuro de mora do 10 % e os do artigo 576 da LAC desde a data da presente resolución.

Ningunha responsabilidade alcanza nesta instancia á entidade demandada Fogasa.

Notifíquese ás partes, facéndoselles saber que a anterior resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún (artigo 191.2.g LXS).

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando nesta primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pavimentos, Útiles y Resinas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial