Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 2015 Páx. 3310

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle da rúa número 3 das Lagoas.

O Pleno da Corporación Municipal de Bueu, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 15 de setembro de 2014, adoptou acordo de aprobación definitiva do estudo de detalle da rúa número 3 das Lagoas, redactado polo arquitecto municipal con data do 17 de agosto de 2013.

En cumprimento do sinalado no artigo 92.2º e 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publícanse o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e o documento que contén a normativa no Boletín Oficial da provincia e remítese á Consellería de Medio Ambiente, Territorio, e Infraestruturas, con data do 5 de novembro de 2014, copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado.

O que se fai público para o xeral coñecemento, de conformidade co sinalado no
artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra o acordo de aprobación definitiva pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

Bueu, 5 de novembro de 2014

Félix Juncal Novas
Alcalde