Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 2015 Páx. 3309

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 2 de decembro de 2014, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada polo Concello do Grove de nova concesión administrativa de ocupación de instalacións de dominio público portuario con destino á explotación de mercado municipal no porto do Grove (expediente 13-08-14-C1).

Miguel Ángel Pérez García solicita, en nome e representación do Concello do Grove, a concesión administrativa de ocupación de instalacións de dominio público portuario do porto do Grove para a explotación de mercado municipal e tamén a autorización para a execución de obras de reforma segundo o proxecto de reforma da cuberta da praza de abastos (O Grove), redactado polo técnico municipal Alfonso Pérez Salazar en abril de 2014.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Said Armesto 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 2 de decembro de 2014

Mateo Ruibal Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Sur de Portos de Galicia