Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 2015 Páx. 3308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 22 de decembro de 2014, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza o representante legal da entidade interesada para ser notificado por comparecencia no expediente de cualificación de vivenda de promoción autonómica (VPA) C09-AX-0011/11.

Logo de intentar a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 y 61, emprázase o representante legal da entidade que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer 2-piso 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 22 de decembro de 2014

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesada

Domicilio social

Acto notificado

C09-AX-0011/11

Proanje, S.L.

Rúa Chile 28 baixo, 15009 A Coruña

Trámite de audiencia en recurso de alzada presentado por NCG Banco, S.A. contra a resolución de cualificación definitiva de vivendas de protección autonómica