Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 2015 Páx. 3306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 18 de decembro de 2014 polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento de reintegro relativo ao expediente de subvención 940/27/2003/119.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución relativa ao expediente 940/27/2003/119.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Fondo Galego de Garantía Agraria, situadas na rúa Irmandiños, s/n, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución.

No caso de non comparecer no dito prazo, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello a que corresponda o último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, para que sexa publicado no taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente formular recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; contados ambos a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente: 940/27/2003/119.

Interesada: Ana María Torrón Díaz.

Acto de notificación: trámite de audiencia previa á execución de aval.

Último enderezo coñecido: lugar de Caraño, s/n, 27270 Pol (Lugo).