Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 2015 Páx. 3304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2015 pola que se anuncia a formalización do servizo consistente na evolución funcional e tecnolóxica do Sistema corporativo de información de nómina e recursos humanos (Breixo), cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2014-019.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente na evolución funcional e tecnolóxica do Sistema corporativo de información de nómina e recursos humanos (Breixo), cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 16.9.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 195.000 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 195.000 €.

b) Importe total: 235.950 €.

6. Financiamento.

Esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13, e nun 20 % con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI). O adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro, e no artigo 1, números 1) e 2), do Regulamento (CE) 846/2009, da Comisión, do 1 de setembro.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23.12.2014.

b) Data de formalización do contrato: 26.12.2014.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 185.250 euros. Importe total: 224.152,50 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2015

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable