Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Mércores, 21 de xaneiro de 2015 Páx. 3311

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laxe

ANUNCIO da aprobación definitiva de estudo de detalle para ordenar volumes edificables de parcelas lindeiras do cuarteirón M24 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 12 de decembro de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Estimar a/s alegacións presentadas, ás cales antes se fixo mención, en canto ao fondo que tamén se citou anteriormente no informe dos servizos técnicos municipais e para o cal o promotor do estudo de detalle, Miguel Toja Lema, xa adxuntou ao expediente documento refundido que contén as modificacións suscitadas.

Segundo. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para ordenar volumes edificables de parcelas lindeiras do cuarteirón M24 do Plan xeral de ordenación municipal de Laxe (PXOM), coas modificacións resultantes da/s alegación/s admitidas, instruído por instancia de Miguel Toja Lema, quedando extinguida a suspensión de licenzas.

Terceiro. Publicar o acto de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos de estudo de detalle, no Boletín Oficial da provincia, co fin de que entre en vigor o dito instrumento urbanístico de planeamento.

Cuarto. Notificarlles este acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Quinto. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio a aprobación do estudo de detalle referido, á vez que se lle dará traslado dunha copia autenticada de dous exemplares con todos os planos e documentos que o integran.

Sexto. Facultar o alcalde-presidente para subscribir e asinar toda clase de documentos e, en xeral, para todo o relacionado con este asunto».

Recursos. Contra o contido do mencionado acordo, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer de xeito potestativo o recurso de reposición perante o mesmo órgano que o ditou dentro do prazo dun mes que comezará a contar desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación. O recurso de reposición entenderase desestimado se no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da interposición, o órgano competente para resolvelo non ditase e notificase resolución expresa.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, ou ben directamente (sen recurso administrativo), poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses, prazo que será de seis meses no caso de non resolverse de xeito expreso o recurso de reposición, contado a partir do día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto. Todo isto de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local; artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Advírtese tamén que poderán utilizar calquera outro recurso que xulguen pertinente, así como exercer as accións que procedan perante a xurisdición competente.

Laxe, 19 de decembro de 2014

Antonio Carracedo Sacedón
Alcalde