Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 2015 Páx. 2924

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (715/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 715/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Secundino Dorado Pérez contra o Fondo de Garantía Salarial e Edrogal, S.L., sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña

Sentenza: 529/2014

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 715/2014

Demandante: Secundino Dorado Pérez

Letrado: Sr. Pérez López

Demandada: Edrogal, S.L.

Fogasa

A Coruña, 18 de decembro de 2014.

Resolución

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Secundino Dorado Pérez fronte a Edrogal, S.L., e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e acordo a extinción da relación laboral na data desta sentenza, e condeno a demandada a que aboe ao demandante a suma indemnizatoria de 38.407,50 euros.

2. O Fogasa deberá pasar polo resolto nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Edrogal, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 18 de decembro de 2014

A secretaria xudicial