Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Martes, 20 de xaneiro de 2015 Páx. 2922

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (355/2013).

Ana Belén Jorge Rogel, secretaria da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá recaeu sentenza o 13 de novembro de 2014, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Sentenza número 379/2014.

Maxistrados:

Manuel Conde Núñez.

Julio Tasende Calvo.

Dámaso Manuel Brañas Santamaría.

A Coruña, 13 de novembro de 2014.

No recurso de apelación civil número 355/2013, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ordes, en xuízo ordinario número 186/2011, sobre reclamación de cantidade, sendo a contía do procedemento 914.558,75 dólares, seguido entre partes, como apelante: Juan Mosquera Veiras, representado polo/a procurador/a Sr/a. Del Río Sánchez, como apelados: Viriato, S.A., Cestaños, S.A., Alameda de Órdenes, S.L., representados polo/a procurador/a Sr/a. Losada Gómez, e como parte declarada en rebeldía Francisco Ríos Seoane. É relator Julio Tasende Calvo.

Resolución.

Revogando en parte a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ordes no xuízo ordinario número 186/2011 e estimando a demanda interposta contra Francisco Ríos Seoane, debemos condenar e condenamos a este demandado a pagar ao demandante a suma de 914.558,75 dólares, máis os xuros legais desde a interposición da demanda, así como o pagamento das custas procesuais causadas na primeira instancia, a excepción das correspondentes ás codemandadas absolvidas, mantendo en todo o demais a resolución obxecto de apelación, sen facer especial imposición das custas do recurso.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia co obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía, Francisco Ríos Seoane, expido e asino a presente. Dou fe.

A Coruña, 21 de novembro de 2014

A secretaria