Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2015 Páx. 2752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 30 de decembro de 2014, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lle dá audiencia ao interesado no procedemento de baixa e cancelación da inscrición dun establecemento no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento da provincia da Coruña que se relaciona, no procedemento de baixa e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

O titular dispón dun prazo de 15 días para facer as alegacións que considere pertinentes e poderá examinar o expediente e obter copia dos documentos contidos nel na Área Provincial de Turismo da Coruña.

A Coruña, 30 de decembro de 2014

P.S. (Resolución do 30.1.2014)
Crisanto Jesús Lamela Rozas
Xefe da Sección de Infraestrutura Turística

ANEXO

Establecemento: pensión residencia dunha estrela denominada La Bruja.

Titular: La Bruja Guesthouse, S.C.

NIF: J70347463.

Enderezo: República do Salvador, 32, 2º A.

Concello: 15701 Santiago de Compostela.