Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2015 Páx. 2749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2015 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto de tramitación ordinaria e anticipado de gasto, do servizo xeral de atención ás persoas usuarias dos sistemas e medios TIC da Xunta de Galicia (CAU central) (expediente 68/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 68/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo xeral de atención ás persoas usuarias dos sistemas e tecnoloxías da información da Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: si, dous.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses contados a partir da data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 1.260.000,00 €, máis 264.600,00 € en concepto de IVE (21 %), o que supón un total de 1.524.600,00 €, que se distribúe por lotes como segue:

Lote 1: soporte de primeiro e segundo nivel a persoas usuarias:

• 2015: 371.250,00 € + IVE (77.962,50 €) = 449.212,50 €.

• 2016: 495.000,00 € + IVE (103.950,00 €) = 598.950,00 €.

• 2017: 123.750,00 € + IVE (25.987,50 €) = 149.737,50 €.

Total: 990.000,00 € + IVE (207.900,00 €) = 1.197.900,00 €.

Lote 2: Oficina Técnica do CAU (OTC):

• 2015: 101.250,00 € + IVE (21.262,50 €) = 122.512,50 €.

• 2016: 135.000,00 € + IVE (28.350,00 €) = 163.350,00 €.

• 2017: 33.750,00 € + IVE (7.087,50 €) = 40.837,50 €.

Total: 270.000,00 € + IVE (56.700,00 €) = 326.700,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21896.

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a alínea N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 23.2.2015, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na alínea K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío ao DOUE: 13.1.2015.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia