Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Luns, 19 de xaneiro de 2015 Páx. 2753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Ana González Paiva.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense tramítase o recurso 339/2014 (procedemento abreviado), interposto por Ana González Paiva contra a desestimación presunta do recurso de reposición formulado fronte á Resolución do 2 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de médico/a de familia e se fai pública a relación de aspirantes en posesión do diploma en Puericultura (DOG núm. 108, do 9 de xuño).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2014

P.S. (Art. 18.3 Decreto 43/2013 e 9.d) Orde 5.7.2012)
Alberto López Suárez
Subdirector xeral de Relacións Laborais e Réxime Xurídico