Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2015 Páx. 2438

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (682/2011).

Procedemento ordinario 682/2011

Demandante: Ricardo González Martín

Avogada: María Milagros Verde Crespo

Demandadas: Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., (Fogasa) Fondo de Garantía Salarial

Edicto.

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 682/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo González Martín contra Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Ricardo González Martín contra Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L. e o Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboar ao demandante a suma de nove mil catro euros con oitenta e dous céntimos (9.004,82 €) polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco (5) días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2014

A secretaria xudicial