Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Venres, 16 de xaneiro de 2015 Páx. 2436

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados

EDICTO (261/2014).

Que en virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, por medio deste edicto cítase a Xaime da Pena Gutiérrez e Uxío da Pena Gutiérrez co fin de que comparezan ante a sala de vistas nº 2 deste xulgado o día 4 de febreiro de 2015, ás 10.30 horas, para asistir á realización da vista oral da causa xuízo de faltas 261/2014, en calidade de denunciantes-denunciados, deberán comparecer ao acto de xuízo con todos os medios de proba de que se intenten valer. Poderán igualmente comparecer asistidos de avogado se o desexan.

Se pretenden propoñer en xuízo a proba de testemuñas e non se poden encargar persoalmente da súa comparecencia o día e hora sinalados, deberán solicitar a citación xudicial deles achegando a este xulgado, cunha antelación mínima de dez (10) días ao día da vista, os seus datos identificativos e domicilios, practicará as citacións a oficina xudicial, coa advertencia que no acto do xuízo se deberá propor esta proba.

Apercíbense de que, se residen/teñen a súa sede ou local aberto neste termo municipal e non comparecen nin alegan xusta causa que llelo impida, poderáselles impor unha multa de 200 a 2.000 euros. En caso de residir/ter a súa sede ou local/locais fóra deste termo municipal, non teñen obriga de concorrer ao acto do xuízo e poden dirixir escrito a este xulgado na súa defensa, así como apoderar avogado ou procurador para que presente no acto do xuízo as alegacións e probas de descargo que teñan, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

De conformidade co establecido no artigo 971 da Lei de axuizamento criminal, apercíbese de que a ausencia inxustificada do denunciado non suspenderá a realización nin a resolución do xuízo, sempre que conste que foi citado coas formalidades prescritas nesta lei, a non ser que o xuíz, de oficio ou por instancia de parte, crea necesaria a declaración daquel.

Infórmase que, en virtude do disposto no artigo 147 da LAC, a realización do acto non requirirá a presenza do secretario xudicial, salvo que o soliciten as partes polo menos dous (2) días antes da realización da vista. Infórmanse as partes que deberán achegar nota de proba, con copia ao resto de partes.

Cambados, 17 de decembro de 2014

O/A secretario/a xudicial